O ‘Cuponazo’ deixa un premio de 100.000 euros en Galicia
Un quiosco da ONCE en Redondela (Pontevedra) vendeu a un veciño un cupón do sorteo do ‘Cuponazo’ premiado con 100.000 euros no sorteo do pasado venres.
José Carlos Ruibal Fontán foi o axente vendedor da ONCE que levou a sorte e a ilusión a este cliente, do que descoñece a súa identidade porque comprara un bonocupón por TPV (Terminal Punto de Venda). Desde a ONCE sinalaron que se trata dun veciño de Redondela.
"Teño unha alegría, coma se tocáseme a min", manifestou Ruibal a Europa Press este luns tras decatarse do suculento premio saído do seu establecemento. Este vendedor da ONCE ten un quiosco situado no número 1 da cale Ribeira de Redondela.
"Eu xa dei un premio gordo hai tempo, 50 millóns de pesetas no ano 2001", lembrou o vendedor da ONCE, quen explicou que o agraciado só terá que presentarse co seu cupón no banco para cobrar o premio de 100.000 euros.
O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie, segundo trasladou a ONCE.
Escribe o teu comentario