Vueling conectará Alvedro con Bilbao e Málaga na primavera
A compañía, líder no aeroporto da Coruña por volume de pasaxeiros transportados, anunciou novas conexións que achegará aos viaxeiros co País Vasco e Andalucía.
A compañía, líder no aeroporto da Coruña por volume de pasaxeiros transportados, anunciou novas conexións que achegará aos viaxeiros co País Vasco e Andalucía.
A compañía contará con dúas voos semanais para estas dúas novas conexións, que se suman ás rutas habituais xa consolidadas do aeroporto da Coruña con destinos como Barcelona, Gran Canaria, Londres-Heathrow, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife ou Valencia.
“Cabe destacar tamén as outras novas rutas que Vueling pon á venda hoxe de forma conxunta como son as de Bilbao-O Porto, Alacante - París-Charles de Gaulle, Alacante - Londres-Gatwick, Alacante - Gran Canaria e Alacante – Oviedo”, sinala a nota de Vueling.
Segundo os datos oficiais de Aena, Vueling transportou máis de 500.000 pasaxeiros na cidade herculna. “Na actualidade, Vueling conta con máis de 130 destinos de curto e medio radio en Europa, Norte de África e Oriente Próximo, que son operados cunha frota conformada por 114 avións dos modelos Airbus A319, A320, A320neo e A321”, sentencia a compañía aérea.
Escribe o teu comentario