Camiñando por un espazo libre de minas


Sepulta a ampliación da mina de Touro ao Camiño de Santiago? En opinión de la Xunta, non. porque esa parte do Caminio Primitivo non está recoñecido oficialmente; pero ollo, en opinión de ICOMOS -o organismo da Unesco que reparte os distintivos de Patrimonio da Humanidade- se. Ademais, en todo caso, o Camiño Primitivo discorre moi próximo nesa zona ao Camiño Francés, polo que de aprobarse a mina os peregrinos serían recibidos por unha paisaxe de vertedoiros e barrenazos.


|

Sepulta a ampliación da mina de Touro ao Camiño de Santiago? En opinión de la Xunta, non. porque esa parte do Caminio Primitivo non está recoñecido oficialmente; pero ollo, en opinión de ICOMOS -o organismo da Unesco que reparte os distintivos de Patrimonio da Humanidade- si. Ademais, en todo caso, o Camiño Primitivo discorre moi próximo nesa zona ao Camiño Francés, polo que de aprobarse a mina os peregrinos serían recibidos por unha paisaxe de vertedoiros e barrenazos.



Santa elulalaia de arca igrexa

Santa Eulalia de Arca | J. A. Caballero 


De feito, ICOMOS asegura que a explotación afecta a unha parte do Camiño Primitivo na zona de Arca. Precisamente a Igrexa de Arca é un dos dous puntos de partida dunha camiñada reivindicativa anuncianda pola Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non, un dos grupos críticos co proxecto de Cobre San Rafael - Atalaya Minning. 


A marcha, de dificultade "fácil" segundo os promotores,  finalizará no Campo da Festa de Cebreiro tras percorrer uns 4 quilómetros nunhas dúas horas. Será o 20 de xaneiro a partir do mediodía baixo o lema "Camiña por un espazo libre de minas".





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE