É legal o prezo da ORA en Ourense?
O partido Adiante Ourense denuncia que en Ourense poderíase estar a cobrar algúns conceptos de ÓRAA de modo irregular."Aínda que a ordenanza reguladora de ÓRAA actualmente vixente e publicada na web municipal establece un importe de 1,5 euros de tarifa por anulación de denuncia, a concesionaria esixe 2,00 euros como así consta nas instrucións dos parquímetros", alerta.
O partido Adiante Ourense denuncia que en Ourense poderíase estar a cobrar algúns conceptos da zona azul de modo irregular."Aínda que a ordenanza reguladora de ORA actualmente vixente e publicada na web municipal establece un importe de 1,5 euros de tarifa por anulación de denuncia, a concesionaria esixe 2,00 euros como así consta nas instrucións dos parquímetros", alerta.
Jesús Vázquez, alcalde de Ourense
Galiciapress comprobou que efectivamente se produce esta diferenza de importes entre a tarifa pública na rúa e a tarifa aprobada no seu día e que figura no portal do Concello. Este diario solicitou a versión ao Concello de Ourense sen obter resposta por agora.
PODE HABER ORA EN RÚAS QUE NON SON MUNICIPAIS?
AdelanteOurense reclama tamén que de "inmediato suspenda o cobro da ORA na rúa Concordia". A formación política do empresario Benito Iglesias argumenta que o titular desta vía non é o Concello, como tampouco o é das rúas Progreso, Sáenz Díez e Avenida de Bos Aires polo que non debería haber alí parquímetros.
Escribe o teu comentario