A auga potable, un recurso en perigo na Limia

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia que, a pesar das moitas advertencias que fixeron ás administracións, os organismos competentes non fixeron nada para mellorar a situación. As instalacións gandeiras, principles sinalados desta situación.


|

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia que, a pesar das moitas advertencias que fixeron ás administracións, os organismos competentes non fixeron nada para mellorar a situación. As instalacións gandeiras, principles sinalados desta situación.


Mega esterqueira polos Sandias 1web

O abono xerado polas granxas afecta gravemente á calidade da auga


A auga de Limia corre o risco de volverse non potable, motivo de preocupación para a Sociedade Galega de Historia Natural, que nos últimos 10 anos enviou ata 33 escritos ás administracións reclamando unha solución. Nas misivas enviadas a consellerías e concellos, a organización alertaba da saturación das instalacións gandeiras na cabeceira do río Limia, o que está a afectar gravemente á calidade da auga.


A organización tamén sinala a Coren como a principal empresa presente nas instalacións gandeiras anteriormente citadas. “Isto suxire a existencia dun plan empresarial de intensificación gandeira na Limia nos últimos 20 anos sen que se sometese nunca a unha avaliación ambiental”, denuncia o escrito, sinalando á súa vez que a zona é un espazo “moi sensible desde o punto de vista hidrolóxico, botánico e faunístico”. Ademais, advirten de que os estudos sinalan que a calidade química das augas incumpre os parámetros de calidade establecidos.


A pesar das recorrentes solicitudes de SGHN para que a Xunta non permitise establecer novas granxas na zona e iniciar un estudo da situación, polo momento non se deron pasos respecto diso por parte das administracións. De feito, as consellerías competentes non só ignoran os informes de SGHN, senón que declaran que esa concentración de granxas “é ambientalmente viable”.


A análise das augas da zona desmenten os informes da administración, xa que as mostras reflicten un empeoramento claro na calidade do auga, o que segundo a SGHN é un claro “delito contra a saúde pública e o medio ambiente”. Por iso, piden á Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense “que investigue os feitos denunciados para dilucidar se existen ou non respnsabilidades penais por parte de funcionarios ou cargos de libre designación da Consellería de Medio Ambiente”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE