Manifestación polo centro de saúde de Arcade e Soutomaior
A cita terá lugar mañá domingo e organízaa a plataforma ‘SOS Sanidade Pública’.
A cita terá lugar mañá domingo e organízaa a plataforma ‘SOS Sanidade Pública’.
Unha manifestación de 'SOS Sanidade Pública'
A plataforma SOS Sanidade Pública anunciou unha manifestación para o domingo 21 de outubro. A mobilización terá lugar en Arcade para protestar pola falta de persoal que afecta ao centro de saúde de Arcade e Soutomaior.
Estes problemas son recorrentes e afectan gravemente ao correcto desenvolvemento profesional do centro, o que levou á plataforma para protestar por esta situación para que non se prolongue no tempo.
A mozilización arrincará ás 12:00 horas desde a Alameda de Tallo Río e finalizará no centro de saúde, despois de percorrer a Avenida Xosé Solla.
Escribe o teu comentario