Galiza Nova queima un boneco do rei Felipe VI en Santiago



A organización, vinculada ao BNG, celebrou unha concentración contra a monarquía pola celebración do 12 de outubro. A queima do boneco representa, segundo Galiza Nova, representa "un acto de defensa de liberdade de expresión". 



|

A organización, vinculada ao BNG, celebrou unha concentración contra a monarquía pola celebración do 12 de outubro. A queima do boneco representa, segundo Galiza Nova, representa "un acto de defensa de liberdade de expresión".


Galizanovabandeiras

Unha manifestación de Galiza Nova


Ao redor dun centenar de persoas participaron na mañá deste venres nun acto en Santiago de Compostela convocado por Galiza Nova -organización xuvenil do BNG- no que se queimou un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI.

A concentración tivo lugar na Praza 8 de Marzo da capital galega na mañá do 12 de outubro, Día da Hispanidade. "Non temos nada que celebrar porque nós non celebramos masacres", declarou na súa intervención Navia Rivas, membro da dirección de Galiza Nova.

O secretario xeral da formación, Alberte Fernández, reivindicou a queima do boneco que representaba ao xefe do Estado español como "un acto de defensa da liberdade de expresión, contra o réxime e todo o que representa queimando simbólicamente a monarquía española, que se mostra moi orgullosa do xenocidio cometido en América Latina".

A continuación, Fernández apelou a que o nacionalismo galego "sempre tivo clara a súa postura contraria" á monarquía "blindada" pola Constitución, que representa "a continuidade do franquismo".

Por último, chamou a "romper" co Estado español porque "reprime os movementos de liberación nacional, chegando mesmo á violencia física, e cun xefe de Estado que felicita aos policías que participaron nas cargas masivas do 1-Ou".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE