Dous xulgados volven desautorizar a instrución da xuíza De Lara no caso Pokemon

Despues de seis anos de instrución, parte da causa Pokemon baixo a responsabilidade de Pilar de Lara segue dando tumbos de xulgado en xulgado. Agora é o Tribunal Supremo o que lle indica nun auto á xuíza que unha parte da causa é competencia súa e non da Audiencia Nacional, como pretendía a maxistrada.


|

Despues de seis anos de instrución, parte da causa Pokemon baixo a responsabilidade de Pilar de Lara segue dando tumbos de xulgado en xulgado. Agora é o Tribunal Supremo o que lle indica nun auto á xuíza que unha parte de a causa é competencia súa e non da Audiencia Nacional, como pretendía a maxistrada.



Pilardelara


A isto súmase que un xulgado de Avilés devólvelle outra parte da instrución desa mesma operación. O Xulgado de Instrución número 7 négase a instruír parte da trama Pokemon. Segundo ABC, por dous motivos, porque Pilar de Lara a envio catro anos tarde e porque, mesmo despois de enviala, a xuíza galega seguiu practicando investigacións.



DE LARA ACUMULA PAUS DOS SEUS COMPAÑEIROS

Os reveses dos seus compañeiros son cada vez máis numerosos. En varias ocasións a Audiencia Provincial e a Audiencia Nacional puxeron en cuestión a forma de instruír de De Lara. Un exemplo recente, a desimputación do ex-alcalde José Antonio Orozco na parte que investigaba irregularidades na concesión do guindastre á empresa Chechalva. 


Por agora, a titular do Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo non respondeu publicamente ás decisións dos seus compañeiros, coma sifixo en anteriores ocasións. A acumulación de  críticas por estes reveses e a evidente lentitude na instrución das súas causas motivaron inspeccións do Consello Xeral do Poder Xudicial. De Lara superou os exames, pois non se coñece que o órgano de goberno dos xuíces sancionárona, aínda que é evidente que está no punto de mira dalgúns dos seus compañeiros e de boa da clase política galega. 


No novo auto da Audiencia Nacional, recoñécese que a investigación desa parte da Pokemon afecta a numerosos concellos galegos (Concello de Arzúa; Oroso, Ortigueira, Valdoviño, Santiago de Compostela, Ponte Caldelas, Ourense,  Chantada, Ribadeo, Barbadas, A Coruña, Padrón, Betanzos e Pontevedra), asturianos (Cangas de Narcea, Tineo, Avilés, Oviedo) e con indicios máis tenues en concellos de Levante.


Con todo, en opinión dos maxistrados, nin o volume do investigado nin a extensión da presunta trama xustifica a intención de De Lara de enviar o sumario á Audiencia Nacional, que no seu día rexeitou esta pretensión en durísimos termos, rexeitamento que agora ratifica o Supremo.


Do mesmo xeito que agora o xulgado de Avilés, a Audiencia Nacional rexeitou o envío da causa alegando atrasos e inxerencias na investigación.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE