O festival Sonrrías Baixas deixou no Morrazo de 1,14 millóns de euros
O festival Sorrías Baixas, celebrado en Bueu (Pontevedra) o primeiro fin de semana do pasado mes de agostou, deixou un impacto económico de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo, segundo un estudo elaborado por un equipo de traballo da USC.
O festival Sonrrías Baixas, celebrado en Bueu (Pontevedra) o primeiro fin de semana do pasado mes de agostou, deixou un impacto económico de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo, segundo un estudo elaborado por un equipo de traballo da USC.
A presentación das cifras de impacto económico tivo lugar este mércores no Museo Massó de Bueu con presenza do alcalde da localidade, Félix Juncal, e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
Así, o estudo cifra o gasto medio por persoa e día en 43 euros nas tres xornadas do festival, nos que Bueu rexistrou unha ocupación media superior ao 85 por cento con case 22.000 visitas.
O perfil medio de asistente ao festival é o dunha muller nova de entre 18 e 24 anos, galega e estudante, que acudiu ao evento en grupo e atraída prioritariamente pola súa programación musical.
Deste xeito, o retorno económico sitúase entre 3,14 e 3,61 euros por cada euro investido polo festival.
Escribe o teu comentario