O Obradoiro refórzase co NBA Kyle Singler


|

A chegada dun xogador con experiencia tanto na NBA como a ACB supón un salto de calidade no persoal galego. No club destacan a importancia de fichar a un xogador desa talla nunha posición “na que sufrimos un importante contratempo”.


Singler

Kyle Singler durante un acto con xogadores novos.


O Mombus Obrdoiro suma un novo reforzo de fronte a presente tempada. O beirado Kyle Singler, con experiencia na ACB despois de xogar nas filas de Lucentum Alacante e Real Madrid, regresa á liga española despois de seis anos na NBA xogando para os Oklahoma City Thunder.


Drafetado por Detroit Pistons no ano 2011, deu o salto ao baloncesto europeo da man do Lucentum Alacante. Os seus bos números co equipo valenciano levárono a fichar polo Real Madrid, onde levantaría unha Copa do Rey. Singler é un xogador de 2,03m e cun gran xogo exterior que pode achegar moitos puntos ao equipo de Moncho Fernández.


Desde o Obra sinalan que esta operación foi unha gran “oportunidade de mercado para reforzar o noso equipo, tratándose ao mesmo tempo dun xogador que pode actuar nun posto no que sufrimos un contratempo importante que nos xera incerteza”. “Kyle é un xogador intelixente, polivalente e dunha gran técnica individual, o que lle permite sumar de diferentes maneiras”, afirmou o director xeral do cadro santiagués. A súa presentación ante os medios de comunicación será o vindeiro martes, unha vez superado o pertinente recoñecemento médico. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE