Gala do Libro Galego o 11 de maio en Santiago

A IV Gala do Libro Galego, que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), volverá celebrarse en Santiago (Teatro Principal) o 11 de maio de 2019.

|

Martiño Noriega con representantes do libro galego

O Concello de Compostela traslada o seu apoio a esta cita
A IV Gala do Libro Galego, que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), volverá celebrarse en Santiago (Teatro Principal) o 11 de maio de 2019.


Este luns o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse con representantes de diversas entidades representantes do libro galego, ás que trasladou o apoio do Concello compostelán para esta nova cita.


En declaracións aos medios tras a reunión, Noriega sinalou a importancia de apoiar a esta gala "estratéxica", que "concilia" a posición da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras. Por iso, o rexedor valora a "concentración parcelaria das enerxías" dun sector "tan importante" como este.


Pola súa banda, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, agradeceu o apoio do Concello a "a festa das letras galegas", que "premia non só os mellores libros e escritores", senón a "toda a actividade cultural, económica e social que hai ao redor do libro".


Tras lembrar que esta gala --que conta con 19 modalidades de premios-- conta co respaldo da Xunta, Deputación da Coruña e Concello, Cesáreo Sánchez lamentou que "falta máis apoio" da CRTVG, pois "os autores que gañan é importante que sexan coñecido no país", e reclama que este evento sexa retransmitido "pola importancia cultural que ten para o país".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE