Ourense en Común leva as súas denuncias de irregularidades na Relación de Postos de Traballo ao TSXG

A auditoría que determinou que existe un "interese premeditado" do PP en aprobar unha RTP coa que "perpetuar os centos de enchufes practivados durante anos no Concello de Ourense"


|

Jesusvazquezalcaldeourense 1

Jesús Vázquez (PP), alcalde de Ourense


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ourense sobre a Relación de Postos de Traballo (RPT) de Ourense En Común, segundo anunciou este xoves a edil do grupo, Montserrat Valencia. 


O recurso, que denuncia "erros, irregularidades, incoherencias, arbitrariedades e mesmo ilegalidades" na modificación da RPT aprobada polo Partido Popular en xunta de Goberno local, súmase ás dez alegacións presentadas polo grupo en por a vía administrativa no concello. 


Ourense en Común contratou "un equipo de expertos en Economía Aplicada e consultoría institucional" para a auditoría que determinou, segundo explicou Valencia, que existe un "interese premeditado" do PP en aprobar unha RTP coa que "perpetuar os centos de enchufes practicados durante anos no Concello de Ourense". 


Valencia considera que o goberno de Jesús Vázquez quere modificar a RPT "sen dar un sentido organizativo que busque a eficiencia dos recursos humanos municipais", senón que é unha "mera relación de servizos e postos, deseñada unicamente para regularizar unha situación irregular, para manter unha rede clientelar e a estrutura de poder que afunde Ourense". Así as cousas, solicitarán que a modificación non entre en vigor ata que non se resolva o recurso. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE