Villares suma a Bueu ás mareas que o apoian

O líder de En Marea presentou hoxe  o acordo de colaboración con a Asemblea Cidadá de Bueu. A pesar das críticas doutros sectores da confluencia, o portavoz segue sumando á súa candidatura paraugas a algunhas mareas locais. A de Bueu ten un concelleiro tras logar o 5% dos votos nas pasadas municipais.


|

O líder de En Marea presentou hoxe o acordo de colaboración coa Asemblea Cidadá de Bueu. A pesar das críticas doutros sectores da confluencia, o portavoz segue sumando á súa candidatura paraugas a algunhas mareas locais. A de Bueu ten un concelleiro tras logar o 5% dos votos nas pasadas municipais.


A Asemblea Cidadá de Bueu asinou este sábado con En Marea un acordo de colaboración para as eleccións municipais de 2019, mediante o cal, o partido dará cobertura, apoio e medios á formación da localidade do Morrazo durante estes comicios.


Luís Villares no acordo entre En Marea e ACB


Coa firma, a Asemblea Cidadá segue o camiño iniciado pola Marea Veciñal de Culleredo, Marea Pontevedra, Somos Cambados, Marea Ponte Caldelas e Lugo Novo, que xa traballan baixo o paraugas de En Marea.

A Sala Amalia Domínguez de Bueu acolleu o acto da rúbrica do protocolo, no que participaron o portavoz de ACB, Xulio Villanueva, o seu compañeiro Xosé Manuel Bacelar, o portavoz de En Marea Luís Villares, e as viceportavoces Ana Seijas e Vitoria Esteban, así como militantes de distintos puntos de Galicia.

No acto, Villanueva fixo un chamamento á "unión fronte ao inimigo común da cidadanía: o Partido Popular". Este acordo, dixo o portavoz, permitirá "terminar co cancro do PP" mantendo a independencia de voz de ACB.

Tras a firma do acordo, o portavoz de En Marea pechou o acto citando a definición de Carl Sagan do universo como "un todo diverso virando ao unísono nun movemento harmónico". "Esa é a idea que En Marea quere levar por todo o país", incidiu, apelando a "un proxecto transformador" que fai da formación algo "distinto".

2 Comentarios

1

As mareas locais que se suman ao proxecto de EN MAREA son bastantes mais das que se citan neste artigo.

escrito por Manoel Francisco 26/Ago/18    23:59 h.
2

As mareas locais que se suman ao proxecto de EN MAREA son bastantes mais das que se citan neste artigo.

escrito por Manoel Francisco 26/Ago/18    23:58 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE