Sés, De Vacas, Triángulo de Amor Bizarro e The Limboos encabezan o cartel do Festival do Leite
Este venres a organización presentou o cartel da edición de 2018 en Concello de Pontevedra
Presentación do Festival
O 15 de setembro a Illa das Esculturas de Pontevedra acolle o Festival do Leite, a cita musical obrigada da man de Deleite Galego. Este venres a organización presentou o cartel da edición de 2018 en Concello de Pontevedra.
Sés, De Vacas, Triángulo de Amor Bizarro e The Limboos encabezan o cartel formado por dez bandas galegas ou ligadas a Galicia, como o caso de The Limboos. Ademais, polo escenario do Festival do Leite pasarán Bifannah, Disco As Palmeiras, The Soul Jacket, A Casa dos Ingleses, Cora V, Fold & colt e Carlangas DJ, líder de Novidades Carminha.
O público infantil poderá gozar das actuacións e actividades que ofrecen María Fumaça, A Gramola Gominola e o debuxante Luís Davila nun evento que busca poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia e apoiar a música feita no país.
A entrada ao festival será gratuíta, como nos anos anteriores. Dentro do recinto haberá postos de comida, para quen queira pasar toda a xornada na Illa das Esculturas. O coordinador de Deleite, Pedro González, definiu o festival como unha romaría "antiga pero moderna".
Escribe o teu comentario