A Festa do Marisco do Grove soará ao ritmo de The Charlatans, Ses, Kaydy Cain e Eagle Eye Cherry

The Charlatans, Ses, Kaydy Cain e Eagle Eye Cherry serán algúns dos artistas que tocarán este ano na Festa do Marisco do Grove, desde o venres 5 ata o sábado 13 de outubro.

|


Sescantautoragalega


The Charlatans, Ses, Kaydy Cain e Eagle Eye Cherry serán algúns dos artistas que tocarán este ano na Festa do Marisco do Grove, desde o venres 5 ata o sábado 13 de outubro.

Os organizadores destacan que o cartel inclúe artistas locais, nacionais e internacionais "que seguro farán que a oferta gastronómica revalorice a súa tradicional fama".

O programa foi presentado este venres no mercado de abastos de Santiago, cunha mostra da combinación de gastronomía e música. O alcalde do Grove, José A. Cacabelos, e a concelleira de cultura, Emma Torres, dérono a coñecer mentres o cociñeiro xefe da festa, Paco Caneda, preparaba unha degustación de pratos que se servirán no Grove. Ademais, o grupo As Árbores, que actuará o sábado 13, harmonizou o acto.

O Concello do Grove chega este ano á LV edición da Festa do Marisco, que naceu como un intento dos mariñeiros e mariscadores por dar a coñecer o produto da Ría de Arousa.

O cartel completo é o seguinte: o venres 5 actuarán Morgan e Freedonia; o sábado 6 The Charlatans, Australian Blonde e Pardo; o xoves 11 Ses, Mercedes Peón e Sonia Lebedinsky; o venres 12 Kaydy Cain, Muchachito e Manu TF DJ e o sábado 13 Eagle Eye Cherry, Sexy Sadie e As Árbores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE