As granxas galegas perderon un 5% dos seus animais durante a vaga de calor

|


Gallinasgallinero


Unións Agrarias alerta das perdas que produciu a vaga de calor da pasada semana nas granxas galegas: "no cómputo global alcanzaron os 500.000 exemplares", ou, dito doutra forma, un 5% dos pitos que se crían nas ao redor de 800 granxas galegas


"Moitas explotacións levan varios días retirando cadáveres de aves, que nalgún caso superaron os 4.000", declaran nun comunicado. As explotacións avícolas adoitan ter de media 18.000 pitos. 


A vaga de calor, que fixo que nalgunhas localidades os termómetros superasen os 40 graos, non só afectou á mortalidade dos animais, senón que, segundo expoñen desde UUAA, "as explotacións están a ver caer a rendibilidade polo incremento disparado no gasto de enerxía para a refrixeración". 


Actualmente a actividade avícola en Galicia emprega a 5.000 persoas e cría preto de 13 millóns de pitos. En 2017 o volume do sector facturou 400 millóns de euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress