Continúa o Festival Noroeste con Christina Rosenvinge e James Holden & The Animal Spirits
Christina Rosenvige, James Holden & The Animal Spirits, Escoitando Elefantes, María del Mar Bonet e Roy Ellis actúan este mércores na segunda xornada do Festival Noroeste na Coruña.n
Christina Rosenvinge, James Holden & The Animal Spirits, Escoitando Elefantes, María del Mar Bonet e Roy Ellis actúan este mércores na segunda xornada do Festival Noroeste na Coruña.
Tras unha xornada de apertura do martes con nomes como Neneh Cherry, Mordem ou The Limboos, o mércores toca a quenda tamén de Doa Rosa, Mounqup, Honeymoon disease, Nathy Peluso e Aullido Atómico, entre outros.
A 32ª edición do Festival Noroeste celébrase ata o vindeiro domingo, con máis de 80 bandas e artistas como The Pretenders, Belle and Sebastian, Amornes e Viva Suecia.
Así, durante seis días haberá máis de 150 horas de concertos en 14 localizacións por toda a cidade. Neste cartel destacan tamén novas confirmacións como as de Maika Makovski, Mad Martin Trío, Esteban e Manuel, FAB, Os Nastys, Lles Filles de Illighadad, Mursego ou Andhrea & The Black Cats.
O festival organízao o Concello da Coruña en colaboración con Estrela Galicia e destaca polo eclecticismo e a calidade das súas propostas que van desde do pop ao rock, pasando polo fok, o hip hop ou a psicodelia.
Escribe o teu comentario