Abanca mantén oficinas no estranxeiro a pesar da prohibición do rescate bancario
Abanca mantén oficinas en Brasil, Venezuela, Panamá, México, Reino Unido, Portugal, Suíza, Francia e Alemaña, a pesar do rescate bancario
No centro, Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca
Abanca, mantén na actualidade oficinas en nove países de Europa e América a pesar de ser rescatado polo Estado. O grupo do banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet estendeu a súa rede de sucursais fóra de Galicia antes da inxección de diñeiro público, que seguen abertas a día de hoxe.
Tras o rescate do banco, que naceu da fusión de Caixa Galicia e Caixanova -posteriormente NovacaixaGalicia, e despois Novagalicia Banco-, o Fondo de Rescate Español (FROB) obrigou ao grupo para limitar a súa actividade á comunidade autónoma e as súas zonas máis próximas.
A pesar diso, hoxe hai unha oficina de Abanca en Londres, en París, en Xenebra, en Zúric, en Frankfurt, e en Lisboa. Do outro lado do océano, en Río de Janeiro, en Caracas, en Cidade de Panamá e en México DF.
Mapa de oficinas internacionais que presenta Abanca na súa web
A pesar das indicacións do FROB, que actuou baixo as directrices da Unión Europea, Abanca non pechou as súas oficinas exteriores aínda cando o Estado tomo o control da entidade.
O rescate de NovaGalicia Banco supuxo unha inxección de 9.000 millóns de euros de diñeiro público, un gran investimento para unha venda inmediata ao grupo Banesto por 8.000 millóns menos. O entón comisario europeo de Competencia, Joaquín Almunia, recoñecía na Cadea SER a desigualdade da venda. "Satisfeitos coa poxa non podemos estar cando se inxectaron 9.000 millóns de euros en Novagalicia e recuperamos 1.000 millóns a vendelo a Banesco", declarou.
Escribe o teu comentario