Ataque con coitelo deixa múltiples feridos en Alemaña

O autor do ataque xa foi detido e atópase baixo custodia, segundo informou a Policía do estado de Schleswig-Holstein.


|

Ataque buis alemania 20072018


Polo menos oito persoas resultaron feridas, tres delas de gravidade, no ataque dun home armado cun coitelo nun autobús na cidade de Lübeck, no norte de Alemaña, segundo o balance dunha portavoz policial.


O autor do ataque xa foi detido e atópase baixo custodia, segundo informou a Policía do estado de Schleswig-Holstein, onde se atopa Lübeck, recalcando que "non houbo mortos".


A portavoz da Fiscalía de Lübeck, Ulla Hingst, indicou a DPA que "non se pode descartar nada, tampouco unha motivación terrorista" e confirmou que o atacante, un home novo, de uns 30 anos e orixinario de Irán. 


Segundo a reconstrución dos feitos, o agresor subiu ao autobús, deixou caer ao chan unha mochila da que saía fume, sacou un coitelo e comezou a atacar aos pasaxeiros.


O condutor do autobús, ao darse conta do que estaba a suceder, parou o vehículo e abriu as portas para que os pasaxeiros puidesen fuxir e o agresor tamén lle feriría.


Os mesmos pasaxeiros lograron reducir ao atacante e os artificieiro da Policía están a revisar unha mochila sospeitosa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE