Os acusados de poñer unha pedra que deixou tetrapléxico a un ciclista declarados inocentes


A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu aos catro comuneiros acusados dos delitos de homicidio en grao de tentativa e de lesións pola súa presunta implicación na colocación dunha pedra nun carreiro do Monte Alba que provocou a caída dun ciclista en setembro de 2014. Como consecuencia do impacto, a vítima quedou parapléxica.


|

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu aos catro comuneiros acusados dos delitos de homicidio en grao de tentativa e de lesións pola súa presunta implicación na colocación dunha pedra nun carreiro do Monte Alba que provocou a caída dun ciclista en setembro de 2014. Como consecuencia do impacto, a vítima quedou parapléxica.



Pontevedra Capital Audiencia Provincial e Palacio de Xustiza

Xulgados de Pontevedra nunha foto da Wikipedia


O tribunal considera acreditado que a pedra foi colocada á mantenta no medio do camiño que habitualmente utilizaban os deportistas para realizar descensos, pero sinala que carece de probas da autoría dos catro comuneiros. "Non resulta posible estimar probados a maioría de indicios expostos polas acusacións, máis tendo en conta o principio in dubio pro reo", destaca a Audiencia.


ARGUMENTACIÓN DOS XUÍCES

O tribunal argumenta que non quedou acreditada "a existencia dun clima de animadversión contra os ciclistas que puidese motivar que puxesen a pedra", tan só certas disputas ou críticas, "nin que os acusados tivesen tempo de realizar os actos que lles imputan, nin que subisen polo camiño onde se moveu a pedra, nin que fosen as únicas persoas que puidesen realizar ese feito".


A Audiencia sostén que é "certo" que os acusados "estaban nas inmediacións nese lapso de tempo", pero recalca que "a probas practicadas, aínda coas evidentes dificultades que se recoñecen dada a situación na que se produciu o feito", non permiten "extraer coa certeza que sería precisa unha conclusión válida e explicable acerca da participación dos acusados nos feitos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE