Sanmartín, tras a marcha de Cela, lembra que son as bases as que escollen candidato

|

Gorettisanmartin

A concelleira do BNG en Santiago e vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, chamou a "esperar" a finais de mes --tras a celebración do proceso aberto á militancia-- para coñecer quen será o candidato da formación en Compostela nas próximas eleccións municipais.

"Hai que esperar, a política ten os seus ritmos e, por tanto, esperamos a ese momento", sinalou a nacionalista ao preguntarlle se se postula a encabezar o proxecto do Bloque en Santiago tras coñecerse que o actual portavoz local do BNG en Compostela, Rubén Cela, non repetirá nas próximas eleccións municipais como candidato.

A preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, a única compañeira de Cela no grupo municipal compostelán non quixo pronunciarse ata que se fagan públicos --previsiblemente a finais deste mes de xuño-- os resultados do proceso participativo posto en marcha pola formación nacionalista para a elección de candidatos municipais.

No devandito proceso, que "se desenvolverá ao longo do mes de xuño", os distintos organismos --consello local e asemblea local-- propoñerán nomes de posibles candidatos que logo se debaterán entre a militancia.

NO MEDIO DO PROCESO
"A finais de mes saberemos quen vai ser candidato, non só en Santiago de Compostela senón nos distintas lugares de Galicia", apunta Sanmartín, que lembra que "quen ten posibilidade de nomear é a organización", que decide "de maneira asemblearia" quen será o próximo candidato.

"Temos que espera a finais de mes para sabelo", insiste a nacionalista, que participará nas diferentes reunións que leven a cabo durante este proceso de participación. Ata entón, "toca esperar", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress