Unión Fenosa Distribución inviste 7,5 millóns de euros en limpeza e mantemento do arboledo en Galicia

|

Dronesfenosa

Supervisión das liñas eléctricas con drons


Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de Gas Natural Fenosa, investirá en 2018 7,54 millóns de euros en traballos de limpeza e mantemento do arboledo de Galicia, consistentes na talla selectiva  e poda de árbores así como na roza de maleza co obxectivo de "garantir o óptimo funcionamento da subministración eléctrica".


Segundo fixo público a compañía, ademais de asegurar a calidade e a accesibilidade da rede, os traballos perseguen evitar posibles incidencias por acumulación de masa forestal nas zonas próximas ás redes de distribución. 


O 85% dos 60.000 quilómetros de liñas eléctricas da empresa en Galicia son aéreas, o que implica que están suxeitas a zonas boscosas ou con vexetación. Destacan que a presenza de árbores de rápido crecemento, como eucaliptos ou piñeiros, "poden supoñer un risco para a propagación de incendios forestais", e, en temporais con fortes refachos de vento, a caída destas árbores sobre o tendido eléctrico "poden provocar incidencias sobre a subministración". 


Do total do investimento, 2,7 millóns de euros destinaranse aos traballos da provincia da Coruña, 1,7 millóns a Lugo, 1,6 a Ourense e 1,4 a Pontevedra, que se suman aos 55 millóns de euros que a distribuidora eléctrica ha investido nestes traballos de mantemento desde o ano 2010 na comunidade. 


A compañía conta desde 2015 con drons para a supervisión e mantemento das liñas eléctricas de alta tensión, que aumentan "a seguridade das operacións de inspección" ao disminuír o número de traballos que se realizan en altura. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress