Jenny and the Mexicats e Xoel completan o cartel de PortAmérica

Unha das grandes citas festivaleras do verán galego, PortAmérica 2018, acaba de completar o seu elenco de artistas. E faino con tres nomes que, a diferentes niveis e para diferentes públicos, aumentan o tirón do festival de Caldas.


|


Unha das grandes citas festivaleras do verán galego, PortAmérica 2018, acaba de completar o seu elenco de artistas. E faino con tres nomes que, a diferentes niveis e para diferentes públicos, aumentan o tirón do festival de Caldas.


Así, o máis coñecido por aquí é o coruñés Xoel López. O prólifico compositor regresa á Carballeira con Sueños y Pan , o seu álbum número 14. Desde un eclecticismo total, inquiétase por cousas moi distintas ás de cando se iniciou na música. Dous delas, cargadas de simbolismo, titulan este novo traballo do que é sen dúbida un dos artistas musicais máis consolidados e populares da escena independente iberoamericana.


Jenny and the Mexicats é unha fantástica banda multicultural que reúne a Jenny (inglesa), Icho e Pantera (mexicanos) e David (español), para crear perfectos ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae que aderezan con cálidas sonoridades latinas, levándonos nun instante de México a Xamaica e de Londres ao Caribe nun exótico circuíto desposuído de prexuízos. O seu novo disco, Mar Aberto (2017), é un explosivo cóctel de sons, como todos os desta banda de personalidade única e diferente.


Jenny and The Mexicats


Pasajero presentarán en Caldas de Reis o seu terceiro disco: Antídotos Fugaces (Ernie Records 2018). Dez enérxicas cancións, luminosas e coidadas, nas que volvemos descubrir a calidade dunhas letras que describen, con acertados trazos de esperanza e rabia, momentos persoais da banda e situacións colectivas. Uns Antídotos fugaces que nos afastan do veleno que nos rodea e que nos deixan no padal o bo sabor das propostas honestas, inquietas e traballadas.


Con eles, así queda a programación por días:


XOVES 5 XULLO


  • Imelda May
  • La Pegatina
  • Pussy Riot
  • Jenny and the Mexicats
  • Los Auténticos Decadentes
  • Chico Trujillo
  • Los Caligaris
  • Azul Violeta
  • Mitú
  • Carlos Méndez


VENRES 6 XULLO


  • Vetusta Morla
  • La Habitación Roja
  • Viva Suecia
  • Neuman
  • Miranda!
  • WAS
  • La Vida Boheme
  • Iseo & Dodosound with the Mousehunters
  • Habitación Vudú
  • Arturo Paniagua Dj
  • Ganador Sonidos Mans


SÁBADO 7 XULLO



  • Vetusta Morla
  • La Habitación Roja
  • Viva Suecia
  • Neuman
  • Miranda!
  • WAS
  • La Vida Boheme
  • Iseo & Dodosound with the Mousehunters
  • Habitación Vudú
  • Arturo Paniagua Dj
  • Ganador Sonidos Mans

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE