​Dez consellos para mimar os pés dun corredor e porqué non fiarse das tendas

Os comercios de calzado non teñen persoal especializado nin competencia para realizar estudos de pisada completos. Así nolo advirte o Colexio de Podólogos de Galicia


|

Os comercios de calzado non teñen persoal especializado nin competencia para realizar estudos de pisada completos. Así nolo advirte o Colexio de Podólogos de Galicia.



Estudo pisada calzado deportivo

Estudo da pisada para deportistas en clínica podológica<br>


“Son os podólogos os profesionais competentes e co coñecemento sanitario adecuado para realizar estudos da pisada completos e a posterior recomendación no uso do calzado”, explican os especialistas. Desde o Colexio alertan que “as tendas deportivas que ofertan diagnósticos da saúde do pé mediante estudos da pisada están a incorrer nunha práctica de intrusismo profesional, ao non ter o seu persoal a formación nin competencia para analizar a saúde do pé, polo que non poden facer diagnósticos apoiándose nos resultados da máquina”.


Na súa opinión, as tendas de material deportivo “só poden usar a análise da pisada para asesorar sobre que calzado deportivo sería óptimo ou peor para o seu cliente, pero nada máis”.


O certo é que a afección polo running e o sendeirismo está cada vez máis en boga e coa chegada do bo tempo moitas persoas saen a correr polos parques das súas cidades ou pobos. Coa premisa de que a práctica de calquera deporte é boa para a nosa saúde, o Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de consellos:



  • 1. Coida a túa pisada. É fundamental someterse a un estudo biomecánico para comprobar a idoneidade da pisada. Cos resultados da exploración, o podólogo tratará de corrixir, se é necesario, a maneira de pisar. Non deben facerse estudos da pisada en centros comerciais ou marcas deportivas.
  • 2. A zapatilla adecuada. É moi importante adestrar coa zapatilla adecuada en función do peso, quilómetros que se percorren e tipo de superficie. En terreos naturais débense elixir zapatillas con sola de surcos profundos que permitan que a materia que se pisa poida evacuarse correctamente. En asfalto ou materiais sintéticos, os surcos poden ser menos profundos, e en campos de herba ou similar, os tacos é o máis recomendable.
  • 3. Non estrear calzado antes dunha proba deportiva. Actualmente, tamén moitos afeccionados ao running inscríbense en probas deportivas como os maratóns. As zapatillas deben estrearse con anterioridade para evitar rozamentos ou bochas. Ademais, hai que comprobar a idoneidade do número do calzado, xa que o ideal é que sobre un centímetro entre o final do dedo máis longo e a zapatilla debido a que o pé aumentará de tamaño ao dilatarse coa actividade física.
  • 4. Calcetíns técnicos. Estira ben os calcetíns para evitar calquera engurra que poida facer rozadura. O mellor é utilizar un calcetín con tecido técnico, que non comprime, axústase perfectamente ao pé e dispón dunha serie de canles de ventilación que o manteñen máis fresco, a pesar da sudoración.
  • 5. Axusta os cordóns. Os cordóns deben estar axustados, porque é importante que zapatilla, persoa e pé formen un bloque xa que a maior parte de bochas xéranse por fricción, é dicir, por desprazamento do pé dentro da zapatilla.
  • 6. Crema antifricción. Nalgúns casos, a vaselina ou outras cremas específicas antifricción poden ser de gran axuda para evitar rozaduras ou bochas ao estendela por todo o pé, na planta, entre os dedos e no empeine.
  • 7. Coidado das uñas. Hai que cortar as uñas en forma cadrada, sen redondear as esquinas para non provocar uñas encarnadas.
  • 8. Revisa os teus pés tras adestrar. Nunca se debe descoidar unha ferida ou bocha, por pequena que sexa. O pé é un dos lugares do corpo onde a hixiene é máis importante, e unha infección aí pode chegar a ter consecuencias máis prexudiciais do que nun principio podería esperarse.
  • 9. Mantén seco o calzado. Ao termo dunha carreira deben secarse as zapatillas. Se hai tendencia a unha sudoración excesiva dos pés, pódense usar pos secantes durante o día aplicándoos por dentro para que cheguen ata a punta do calcetín.
  • 10. Hidrata os pés todas as noites

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE