José Luís Méndez Romeu, exconselleiro de Presidencia na lexislatura presidida por Emilio Pérez Touriño e secretario de Estado con José Luís Rodríguez Zapatero, é un dos asinantes da carta a Pedro Sánchez pedindo a súa dimisión como secretario xeral do PSOE. Con el son seis exdirigentes socialistas galegos os que estamparon a súa rúbrica no documento enviado ao presidente do Goberno e secretario xeral socialista. Méndez Romeu, xunto aos outros asinantes, pide rexeneración, limpeza e controis internos tanto no partido como no Goberno para frear casos como o de Ábalos, Cerdán e Koldo García. Ademais, tamén considera necesario un cambio moi profundo nos socialistas galegos aos que ve incapaces de superar o actual declive do partido en Galicia