Marcos Méndez Moroeira é un dos profesionais galegos máis relevantes do sector da comunicación dos últimos anos. Licenciado en comunicación audiovisual pola Universidade de Navarra e Máster en Investigación Audiovisual pola USC, exerceu a docencia en diversos centros de formación, como a EASD Mestre Mateo. Porén, o público en xeral coñéceo sobre todo polo seu traballo como freelance audiovisual, pois cubriu a guerra de Ucraína en numerosos medios, como Telecinco ou El Progreso, traballo polo que recibiu o Premio Xosé Couso do CPXG en 2023. .