Desaloxado o festival Vive Nigrán por precaución ao declarar un incendio en Monteferro

Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, o incendio comezou nun vehículo que circulaba por unha pista forestal e estendeuse ao monte
 


|

Vive nigru00e1n
Vive Nigrán

 

 

Un incendio forestal en Monteferro obrigou a desaloxar por precacuión o festival Vive Nigrán, que celebraba a súa última xornada.

Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, o incendio comezou nun vehículo que circulaba por unha pista forestal e estendeuse ao monte.

Desta forma, o suceso produciuse ás 22.55 horas e extinguiuse ás 01.32 horas tras queimar 0,12 hectáreas de superficie arboredo. Até o punto desprazáronse dous axentes, tres brigadas e dúas motobombas.

Ante isto, os asistentes do festival, no que a súa última xornada actuaba Arizona Baby, Hey Hematoma e Visions of Johanna, foron desaloxados por precaución.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE