Rescatan a catro tripulantes dun veleiro incendiado en Vigo

Un incendio declarado nun veleiro nas proximidades do Museo do Mar de Bouzas, en Vigo, obrigou aos servizos de emerxencia a rescatar aos catro tripulantes que viaxaban na embarcación.


|

O lume na embarcación declarouse esta mañá, ao redor das 12:30 horas.

 

Ao lugar acudiron os equipos de emerxencia e foron os socorristas, desprazados nunha zodiak, os que salvaron aos catro ocupantes.

 

Embarcación de Salvamento Marítiimo
Embarcación de Salvamento Marítiimo

 

Un incendio declarado nun veleiro nas proximidades do Museo do Mar de Bouzas, en Vigo, obrigou aos servizos de emerxencia a rescatar aos catro tripulantes que viaxaban na embarcación.

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 12,30 horas deste domingo uno dos afectados contactou coa central de emerxencias para pedir axuda.

Para socorrer aos tripulantes, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso a Salvamento Marítimo e ao servizo de Protección Civil do municipio de Cangas para que enviasen unha embarcación ao momento.

Finalmente, foron rescatados por un equipo de socorristas do servizo municipal, que acudiu ao momento nunha zódiac. Segundo confirmaron ao 112 Galicia, os catro tripulantes atópanse en bo estado de saúde.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE