Concentración de ucraínos no Porto de Vigo contra a chegada da fraga rusa Shtandart

É o mesmo barco que estivo hai uns meses en Baiona e que atraca en Galicia con certa regularidade desde hai uns anos. 


|

A  Asociación de Ucraínos de Galicia-Xirasol  realizou un acto contra a próxima chegada da fragata rusa  Shtandart.

Protesta de ucraínos contra a chegada dunha fragata rusa
Protesta de ucraínos contra a chegada dunha fragata rusa

 

A Shtandart é unha réplica da fragata do século XVIII do tsar ruso Pedro I o Grande.  Antigo buque escola, agora é un buque turístico que participou tamén en ducias de rodaxes e ofrécese para eventos marítimos. Hai moitas nacionalidades entre os seus tripulantes, pero navega baixo bandeira rusa. 

 

"Nada xustifica o trato preferente do que goza o buque ruso", quéixanse os ucraínos. Na súa opinión, o permiso concedido polo goberno francés para amarrar na Rochelle, replicado por España, é unha clara violación do quinto paquete de sancións imposto pola Unión Europea.

 

Xirasol  entende que a Shtandart non é máis que outro instrumento da 'guerra híbrida' rusa contra Occidente, que inclúe accións de propaganda para reivindicar o seu pasado imperial. A Shtandart é unha copia do primeiro buque de guerra que Rusia botou no mar Báltico. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE