Arde outra vez o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés cun incendio en Muiños (vídeos)

As chamas atópanse entre o embase de Salas e a fronteira con Portugal. Á zona, que xa sufriu un incendio considerable en 2020, acaban de chegar as primeiras brigadas helitransportadas. O tempo seco para os próximos días non son boas noticias para os que combaten os incendios en Galicia, onde este verán foi relativamente tranquilo até agora. 


|

Imu00e1genes del incendio en Muiu00f1os en una foto de @ATBrif la brigada helitransportada con base en Laza
Imu00e1genes do incendio en Muiu00f1os nunha foto de @ATBrif a brigada helitransportada con base en Laza

Un incendio forestal permanece activo a esta hora no municipio ourensán de Muíños, na parroquia de Requiás e afecto ao Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 18,47 horas deste venres. Polo momento, mobilizáronse para a súa extinción catro axentes, sete brigadas, unha motobomba, un técnico, sete helicópteros e tres avións.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: 900 815 085.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE