O ex-do Celta Hugo Mallo, culpable de abusar sexualmente da mascota do Espanyol
O deportista galego, que agora xoga no Aris de Salónica da liga de fútbol de Graza, tocou os peitos da muller durante o saúdo inicial dun partido de LaLiga en Cornellá.
O titular do Xulgado do Penal 19 de Barcelona, o maxistrado Salvador Roig Tejedor, declarou culpable dun delito de abuso sexual ao futbolista Hugo Mallo por realizar tocamentos a unha muller que traballaba como mascota do RCD Espanyol durante o saúdo previo ao partido entre este club e o Celta de Vigo en abril de 2019 no RCDE Stadium de de Cornellà de Llobregat (Barcelona).
Na sentenza, consultada por Europa Press, o xuíz condena a Mallo á pena de 20 meses de multa cunha cota diaria de 10 euros e ao pago das costas procesuais.
Ademais, o que no momento dos feitos era o capital do Celta, terá que indemnizar á vítima con 1.000 euros, máis intereses, polos danos morais causados.
Escribe o teu comentario