O Goberno destina 833.000 euros á remodelación de catro edificios do Parque Natural do Invernadoiro

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, puxo en valor este investimento


|

El delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones, en una visita a Vilariño de Conso (Ourense).
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha visita a Vilariño de Conso / Foto: @EP

O Goberno destinou máis de 833.000 euros á remodelación dos catro edificios do complexo de atención ao visitante e interpretación do Parque Natural do Invernadoiro, no municipio ourensán de Vilariño de Conso.

 

Nunha visita á localidade, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, puxo en valor este investimento, que se suma á destinada á substitución de 642 luminarioas do municipio por outras de tipo LED.

 

Segundo destacou a Delegación nunha nota de prensa, Miñones subliñou "o compromiso e a aposta do Goberno polos pequenos concellos que serán protagonistas da transformación de España cara a un país verde, dixital, sostible e cohesionado".

 

Lembrou, neste contexto, que as tarefas de rexeneración de terreos afectados polos incendios forestais do pasado verán que o Ministerio de Transición Ecolóxica leva a cabo no Parque Natural do Invernadoiro, cun orzamento de 399.245 millóns de euros.

 

Miñones sinalou tamén a axuda con valor de 279.160 millóns de euros para afrontar así a mellora enerxética da iluminación do municipio, a través da cal se estima que "o consumo eléctrico dos veciños diminuíu nun 70%".


Así mesmo, avanzou a chegada da conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 372 familias e empresas, que chegará a partir do Programa Unico-Banda Ancha e suporá "a completa dixitalización do territorio".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE