Apagado un incendio nun garaxe de Noia
Ao parecer, arderon leña e distintos aveños, sen resultar ferida ningunha persoa.No operativo tamén participaron os bombeiros do parque provincial de Ribeira, o GES de Noia, a Policía Local de Noia e a Garda Civil.
Os Bombeiros de Boiro apagaron este venres un incendio nun garaxe da parroquia de Roo, no municipio coruñés de Noia.
O servizo recibiu o aviso ao redor das 14.00 horas. Ao parecer, arderon leña e distintos aveños, sen resultar ferida ningunha persoa.
No operativo tamén participaron os bombeiros do parque provincial de Ribeira, o GES de Noia, a Policía Local de Noia e a Garda Civil.
Escribe o teu comentario