Accidente mortal en Ames: falece un condutor ao chocar contra un camión

Os feitos ocorreron ao redor das 20:15 horas no quilómetro 2 da AC-544.


|

Gl8pHZ1W4AAxkTL
Foto: @g24noticias

 

Unha persoa faleceu este xoves tras chocar o vehículo no que viaxaba cun camión no municipio coruñés de Ames. O falecido era o único ocupante do vehículo.

Segundo informou o 112, o servizo recibiu o aviso ao redor das 20.15 horas. Tal e como indicaban os alertantes, un coche e un camión chocaran no quilómetro 2 da AC-544, co condutor do turismo sen poder saír tras o impacto.

O 112 deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.

Tras a chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor de coche perdera a vida, sen que nada se puidese facer por evitalo.

Ademais, os membros do GES de Brión indicaron que sería necesario o uso do material de excarceración para liberar ao falecido.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE