Galicia comeza a surfear a primeira onda de gripe, que rexistra unha tendencia decrecente

Os datos do SERGAS, positivos por agora, corresponden á semana do 15 ao 21 de decembro. As reunións de Nadal poden cambiar o rumbo da gripe.


|

Archivo - Vacuna de la gripe
Foto: EP

 

A gripe mantense en Galicia cunha intensidade media e con tendencia decrecente, segundo publicou a Consellería de Sanidade no seu informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana do 15 ao 21 de decembro.
 


Segundo os datos recolleitos polo servizo de vixilancia epidemiolóxica da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa se alcanzou o pico da onda epidémica da gripe.

Respecto da semana anterior, rexistrouse un descenso na taxa de consultas por gripe en atención primaria dun 5%. Esta taxa sitúase en 103,7 consultas por cada 100.000 habitantes.

O grupo coa maior taxa de consultas continúa sendo o de 0 a 4 anos (250,3 consultas por 100.000 habitantes), seguido do de cinco a 19 anos, con 155,4 consultas por 100.000 habitantes.
 


En canto a áreas sanitarias, a taxa de consultas foi inferior en todas elas respecto da semana anterior. En canto aos ingresos hospitalarios, na última semana ingresaron 339 persoas con gripe confirmada, un 12,6% menos que a pasada semana (387 ingresos).
 

Gripe @g24noticias
Señoras esperan a súa consulta nun centro de saúde | Foto: @g24noticias


O descenso da taxa de ingresos observouse en todos os grupos de idade, "sendo moi significativo no grupo de 0 a catro anos (77,7%). O grupo de 80 e máis anos representa a taxa de ingresos máis elevada con 63,6 ingresos por 100.000 habitantes, aínda que diminuíu un 50% respecto da semana 50.

Por áreas sanitarias, a taxa de ingresos baixou en todas menos na de Santiago, onde permaneceu estable, e na de Ourense, onde aumentou un 25,3%.
 


No que vai de tempada da gripe notificáronse 2.426 ingresos, a maioría deles con virus tipo A.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE