Denuncian a morte dun home que pasou 40 horas esperando a ser atendido na sala de Urxencias
Os feitos ocorreron no Hospital do Mar de Barcelona, segundo o relato dos sindicatos CXT Sanidade Barcelona e Intersindical. O falecido é un home de 82 anos que agardou máis de día e medio por ser atendido polos servizos de Urxencias, totalmente colapsados na cidade condal, en gran medida pola onda de gripe que golpea a toda España, pero tamén pola falta de sanitarios.
Os sindicatos acusan aos responsables sanitarios, e así o fixeron constar na súa denuncia nos xulgados, dun presunto delito de abandono colectivo ilegal dun servizo público.
Os feitos ocorreron o pasado 9 de decembro, data na que o hospital chegou a acumular até 170 pacientes, a pesar de que a capacidade do servizo é duns 110 boxes. Dos pacientes atendidos, 64 superaron as 24 horas de espera, e un deles, de 76 anos, chegou a permanecer en Urxencias durante máis de 159 horas, sempre segundo o relato dos sindicatos denunciantes.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress .
Escribe o teu comentario