Acordo entre Fegamp e Sanidade para integrar no SERGAS as unidades de drogodependencia

Os 13 concellos que dispoñen de Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) aprobaron o traspaso dos servizos e os medios persoais e materiais ao Servizo Galego de Saúde (#Sergas).


|

Whatsapp image 2020 11 10 at 13.31
UAD de Burela | Foto: Concello de Burela

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (#Fegamp) confirmou que os 13 concellos que dispoñen de Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) aprobaron en prazo nos seus plenos o traspaso dos servizos e os medios persoais e materiais de cada UAD ao Servizo Galego de Saúde (#Sergas).
 


Estes 13 concellos son Burela, Cangas do Morrazo, Carballo, Monforte de Lemos, Noia, O Grove, Ourense, Pontevedra, O Porriño, Ribeira, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

O seguinte paso para a integración darase o mércores 17 de decembro coa súa aprobación no marco da Comisión Mixta do Traspaso e a súa posterior elevación ao Consello da Xunta, para que o próximo 1 de xaneiro de 2026 estes centros xa dependan orgánica e funcionalmente do Sergas.

Posteriormente, o persoal destas Unidades poderá optar por integrar no marco estatutario do Sergas que, en todo caso, será un proceso voluntario.

A integración das UAD no SERGAS era unha das reivindicacións históricas do municipalismo galego, destacan, solicitado en reiteradas Asembleas da FEGAMP.
 


"Supón un paso decisivo para poder garantir o mantemento deste servizo esencial no futuro, dadas as dificultades que actualmente tiñan os concellos para poder contratar persoal sanitario en base á normativa vixente", reivindican.

Apuntan tamén que este acordo supón un sistema organizativo "máis axeitado", atendendo á tipoloxía do servizo, "o que garante que os pacientes destes servizos poidan seguir contando cunha atención integral dunha forma máis axeitada".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE