Publicadas listas de temporais para o SERGAS, incluídos máis de 12.000 administrativos e 300 celadores

Entre as categorías mencionadas nas listas do DOG están celadores, técnicos en Farmacia, técnicos superiores en Anatomía Patolóxica e Citología, técnicos superiores en Dietética, técnicos superiores en Documentación Sanitaria, técnicos superiores en Hixiene Bucodental, técnicos superiores en Imaxe para o Diagnóstico, técnicos superiores en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, técnicos superiores en Radioterapia, grupo auxiliar de función administrativa, persoal de servizos xerais, cocineroy pique.


|

Celadores

 

O Servizo Galego de Saúde (#Sergas) publicou, a través do Diario Oficial de Galicia (#DOG), a relación definitiva coa orde de prelación e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías.

A Xunta trasladou nunha nota de prensa, en concreto son as categorías de grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pique.

Nesta liña, o total de aspirantes admitidos por categorías foi de 11.906 en grupo auxiliar da función administrativa, 7.351 en persoal de servizos xerais, 3.908 en pique e 574 en cociñeiro. Tamén pasarán de fase 496 técnicos superiores en Dietética, 415 técnicos superiores en Documentación Sanitaria, 673 técnicos superiores en Hixiene Bucodental e 2.067 técnicos superiores en Imaxe para o Diagnóstico.

Sumado a iso, foron admitidos 2.690 técnicos superiores en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e 329 técnicos superiores en Radioterapia.

Así mesmo, as listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas, e entrarán en vigor a efectos de chamamentos este mércores.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE