Queremos Galego dispón autobuses por toda Galicia para acudir á manifestación do Día das Letras

A protesta arrincará o sábado ás 12 horas en Santiago de Compostela baixo a lema 'Lingua Vital Xa!'.


|

Unnamed (30)
Foto: Queremos Galego

 

A falta de tres días para a celebración do Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego, integrada por diversas entidades, xa ten perfilado o percorrido para celebrar a "gran festa or a lingua" en Santiago de Compostela baixo a lema 'Lingua Vital Xa!'.

 

RESPOSTA Á Xunta

Celia Armas, coordinadora de Queremos Galego, estivo acompañada de Marcos Maceira, portavoz da organización. Ambos pediron aos manifestantes que acudan á cita con pandereitas, percursión e moito ánimo a fin de reivindicar o legado das cantareiras, homenaxeadas neste día.

 

Despois de máis dunha vintena de encontros para perfilar definitivamente a mobilización, o percorrido arrincará ás 12 horas na Alameda, para pasar por diante dos centros IES Rosalía de Castro e IES San Clemente. Posteriormente baixarán polo Franco até a Praza do Obradoiro, onde Isabel Risco conducirá o acto, para o que esperan unha gran afluencia e para o que disporán de buses dispoñibles a demanda en 30 localidades. 

 

Para Maceira o do sábado é un día onde resulta "imprescindible saír á rúa" pois a Xunta "só atúa si o pobo galego mobilízase". "O medo á mobilización obrigou o PP a aparentar vontade de cumprir os acordos con supostas comisións, pero con límites establecidos para o ensino, a administración, os medios públicos ou, mesmo, os campamentos de verán".

 

Unnamed (29)
Foto: Queremos Galego

 

"A mobilización e a toma da iniciativa pola lingua pola sociedade galega é o único que pode facer mudar o rumbo do idioma e comezar a reverter a emerxencia lingüística", considera Maceira, que ve en Rueda un "continuísmo na beligerancia contra o idioma". 

 

"Hai que obrigar o PP e a Xunta a reaccionar a favor do idioma ante a emerxencia lingüística", apuntan desde a organización, que citan iniciativas como a Lei da CRTVG ou a da IA como medidas lesivas contra a lingua. "Os nosos netos e as nosas netas poderán dicir que poden seguir falando galego porque os seus pais e nais, avós e avoas estiveron na rúa defendendo o idioma que é seu", resolveu Maceira, que asegura que non existen "solucións máxicas" para pór freo a unha emerxencia lingüísticaque merece "responsabilidade e acción real".

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE