DKV abandona Muface: 28.000 galegos en busca de nova cobertura sanitaria

A decisión da aseguradora alemá supón un golpe non só para os seus mutualistas, tamén para moitos médicos e mesmo para o SERGAS, Asisa e Sanitas. Non en todos os lugares e en todas especialidades hai alternativas suficientes para absorver tantos pacientes de golpe.


|

Archivo - DKV nombra a Laura González-Molero nueva presidenta en sustitución de Javier Vega de Seoane
Arquivo  .- Laura González-Molero , presidenta de DKV España

A aseguradora DKV formalizou a súa renuncia a participar no novo concerto de Muface, deixando a miles de funcionarios en Galicia e en toda España na necesidade de buscar alternativas para a súa cobertura sanitaria. Esta decisión marca o fin dunha era para a compañía que levaba décadas prestando servizos aos mutualistas.

 

Impacto en números
A renuncia afecto a uns 222.000 mutualistas de DKV en toda España, o que equivale a aproximadamente 499.500 persoas cubertas, incluíndo familiares. En Galicia, a afectación é notbale, cuns 12.819 mutualistas e unhas 28.837 persoas cubertas en total. A distribución por provincias é a seguinte:  

 

  • A Coruña: 5.333 mutualistas, cubrindo unhas 12.000 persoas.  
  • Lugo: 1.724 mutualistas, cubrindo unhas 3.873 persoas.  
  • Ourense: 1.429 mutualistas, cubrindo unhas 3.215 persoas.  
  • Pontevedra: 4.333 mutualistas, cubrindo unhas 9.749 persoas.
     

Os afectados deberán elixir entre as opcións restantes: Adeslas, Asisa ou o sistema público de saúde.  Os mutualistas de DKV en Galicia e no resto de España teñen habitualmente un prazo para realizar o cambio de aseguradora. O primeiro prazo estendeuse do 1 ao 31 de xaneiro de 2025. 

 

O segundo prazo abrirase unha vez que entre en vigor o novo concerto, permitindo aos afectados cambiar a unha das entidades concertadas: Adeslas ou Asisa ou inscribir no SERGAS. É importante destacar que, de forma transitoria, DKV seguirá dando cobertura aos mutualistas nos mesmos termos e condicións ata que se complete o proceso de transición   
 

A información oficial de Muface apunta a que "se algunha entidade das que actualmente son  prestadoras do servizo non subscribe o novo Concerto, informarase sobre as pautas para exercitar o cambio a outra entidade".

 

O cambio poderá realizar a través da sede electrónica de Muface utilizando Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico, ou enviando o impreso por correo postal á oficina provincial correspondente.

Archivo - Sede de DKV Seguros
Arquivo - Sede de DKV Seguros

A decisión de DKV de non participar no novo concerto débese principalmente á insuficiencia das condicións económicas ofrecidas por Muface. A compañía sinalou que aceptar estas condicións levaría perdas económicas importanets. Con todo, DKV ha renocido o esforzo do Goberno por mellorar a oferta. 

 

A saída de DKV expón interrogantes sobre a sustentabilidade do sistema Muface. A redución no número de aseguradoras podería aumentar a presión sobre Adeslas, Asisa e o sistema público, potencialmente afectando a calidade e dispoñibilidade dos servizos. Os sindicatos de funcionarios están a demandar unha revisión do modelo de financiamento de Muface para facelo máis atractivo e garantir a súa viabilidade a longo prazo.  

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE