A eficiencia enerxética é cousa de ricos e de casas novas: Ourense e Lugo, á cola de España

Os datos dun novo estudo mostran que son os concellos con maior poder adquisitivo e con máis vivendas de construción recente os que poden ofrecer inmobles que perden menos enerxía. 


|

Mapa de la eficiencia energu00e9tica en el parque residencial espau00f1ol   Sociedad de Tasaciu00f3n

 

Segundo o informe A sustentabilidade no parque de vivendas de España 2024 elaborado por ST Analytics, Pontevedra destaca como unha das provincias do norte de España con maior proporción de vivendas sostibles. No contexto nacional, ocupa o quinto posto detrás de Navarra, Guipúzcoam Álava e Asturias. Estas vivendas, que posúen cualificacións enerxéticas de tipo A, B, C ou D, constitúen unha mostra do avance cara á sustentabilidade no sector residencial.

 

Ourense e Lugo: os datos máis baixos de Galicia
En contraste, Ourense e Lugo, as provincias galegas máis pobres e con menos construción recente debido ao seu despoboamento, figuran entre as provincias do norte de España con menor proporción de vivendas energéticamente eficientes. En Ourense, só o 7,1% do parque residencial (16.065 vivendas dun total de 225.222) conta con estas cualificacións. Lugo, cunha porcentaxe lixeiramente superior do 7,8%, ten 14.795 vivendas sostibles dun total de 190.242.

 

Son porcetajes bastante afastados da media estatal, aínda que España tampouco está para tirar foguetes. Con só o 10% das vivendas españolas dentro dos estándar máis eficientes, a sustentabilidade do sector residencial segue sendo un desafío para as administracións e os promotores inmobiliarios.

Casi un tercio de las empresas ahorraría energía y costes con medidas de eficiencia energética, según Endesa

A Coruña, a medio camiño
A Coruña presenta un 8,1% de vivendas eficientes, o que equivale a 51.916 unidades dentro dun parque total de 645.137. A nivel de cidades, non de provincias,a capital coruñesa lidera en Galicia cun 9,9%, superando a Vigo (8,8%), Lugo (9,18%) e Ourense (6,8%). 

 

A cidade con casas máis eficientes é unha das máis ricas, Pamplona, que lidera cun destacado 21,2%.

 

Alejandro González, director Xeral de ST Analytics, lembra que “as cualificacións enerxéticas son obrigatorias desde 2013, e factores como o clima, a antigüidade da construción e o tipo de inmoble inflúen directamente na avaliación da eficiencia”.

 

O informe subliña que a vivenda promovida desde 2015 ten un impacto significativo nas estatísticas de eficiencia. Neste segmento, o 75% das vivendas contan con cualificacións sostibles. González puntualiza que “as novas construcións incorporan melloras significativas en climatización, electricidade e xestión de recursos hídricos, especialmente nos municipios con maior actividade promotora nos últimos anos”.

 

O estudo, apoiado pola experiencia de máis de 40 anos do Grupo Sociedade de @Tasación e por datos do Catastro, advirte sobre as diferenzas nos criterios de avaliación. Nas áreas costeiras, como Galicia, as esixencias son máis estritas, o que pode influír nas comparacións. Por iso, os expertos recomendan contrastar datos entre rexións con condicións climáticas similares para unha interpretación axeitada. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE