ALAS Coruña premia a dous centros educativos polo seu compromiso coa comunidade LGTB
ALAS manifestou que o xurado valorou o compromiso continuo destes centros coa comunidade LGTB
A Fundación ALAS da Coruña entregou os XIX Premios Marcela e Elisa a dous centros educativos da provincia polo seu compromiso cos dereitos da comunidade LGTB.
Os centros educativos galardoados son o IES Nº1 de Ribeira e o IES Rafael Dieste da Coruña. Este é lle primeiro premio, desde que se entrega en 2015, que a Fundación concede a iniciativas no plano educativo.
Segundo un comunicado, ALAS manifestou que o xurado valorou o compromiso continuo destes centros coa comunidade LGTB. Así mesmo, destacou o amplo catálogo de libros de temática LGTB dispoñible nas bibliotecas de ambos os centros educativos.
A Fundación subliñou ademais que o IES Nº1 de Ribeira apostou fortemente pola formación do seu equipo docente nunha alianza entre o Concello de Ribeira, o Instituto de Mediación Educativa Ribeira e ALAS.
Expresou ademais que este instituto leva dous cursos lectivos izando bandeiras da comunidade LGTB nas datas conmemorativas. Pola súa banda, o xurado que premiou ao IES Rafael Dieste destacou a creación e o bo funcionamento do grupo de apoio do instituto para a comunidade LGTB, DiverXentes, así como a aposta do equipo directivo para facer espazos máis inclusivos.
Escribe o teu comentario