A CRTVG traslada a unha xornalista que criticou a Feijóo nas súas redes, denuncia o Comité, e o Colexio reproba "traslados forzosos"
A empresa pública nega que sexan represalias contra informadores que non se somenten á liña editorial, favorable ao PPdeG, e négase a dar explicacións ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), que mostra a súa preocupación ante o empeoramento do clima laboral que ha cristizado en dúas novas xornadas de folga este mes.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) advirte que o clima laboral na CRTVG está a empeorar e lembra que é clave que os xornalistas das emisoras públicas poidan exercer o seu labor as súas presións.
O colectivo reacciona así ás noticias de supostas represalias en forma de traslados contra profesionais que, din, negáronse a modificar noticias para favorecer á Xunta, que goberna o PP, e criticar ao Goberno de España (#PSOE + Unidas Podemos).
Hoxe mesmo coñécese que hai outro traslado dunha informadora que en días previas mostrouse crítica co ex-presidente da Xunta de Galicia nas súas redes sociais.

O CPXG indica que recibiu múltiples queixas e peticións de amparo respecto diso destes "traslados forzosos". O ente reaccionou pedindo explicacións á cúpula da empresa pública, sen éxito. Aseguran que lles respondeu Alfonso Sánchez Izquierdo -director xeral- indicando que xa responden ante outros organismos, como o Parlamento.
O colexio argumenta que a calidade da información pode verse prexudicada por estes traslados "non negociados" e reclama á CRTVG que dialogue cos seus empregados.
Hai que lembrar que o Comité Intercentros da CRTVG convocou outras dúas xornadas de folga, tras o paro de hai unhas semanas. A compañía respondeu negando represalias por cuestións ideolóxicas e advertindo que haberá máis traslados. A institución alega que os movementos na Radio Galega e na Televisión de Galicia estaban previstos desde hai tempo e forman parte da xestión habitual dos recursos humanos.
Hoxe mesmo o Comité Intercentros confirmou as folgas para o 24 e o 25 de marzo. Os sindicalistas alertan que hai novos traslados, incluído o dunha redactora da TVG que recentemente criticou ao ex-presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo nas súas redes sociales. A traballadora, con varias décadas de labor na televisión, foi trasladada á Radio Galega. Outro exemplo de "despotismo" e "malos tratos", din os delegados sindicais.
MENOS PROGRAMAS PROPIOS, MÁIS FACTURACIÓN PRIVADA
Os traballadores tamén critican a cancelación dun dos poucos programas de produción propia que quedan no ente á marxe dos informativos, o semanal Vivir Aquí, que se emitía os domingos. O programa foi cancelado a metade de tempada.
A maioría de programas non informativos da TVG están realizados por produtoras privadeas. Unha parte considerable deses espazos son encargados a filiais dos principais grupos de comunicación de prensa escrita en Galicia; algo que, en última instancia, pode influír na capacidade de presión do Goberno Autonómico sobre a liña editorial dos diarios.
Escribe o teu comentario