Terminan nove meses de folga en otorrinolaringoloxía do SERGAS en Santiago cun acordo

Miles de consultas perdéronse neste tempo. Unha das principais reivindicacións era a suspensión do xefe de servizo, Carlos Martín Martín, ao que os seus compañeiros acusaron de repartición desigual da carga de traballo.


|

Cartel advertindo dos atrasos provocados pola folga de otorrinos no hospital CHUS de Santiago en 2021
Cartel advertindo dos atrasos provocados pola folga de otorrinos no hospital CHUS de Santiago en 2021

A dirección da área sanitaria de Santiago do Sergas e os representantes dos traballadores asinaron este mércores o acordo que pon fin a nove meses de paros no servizo de otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Así o trasladou a federación de Sanidade de CCOO nun comunicado no que expresan que a firma do acordo "abre unha nova etapa" no servizo de ORL do Clínico co final dunha folga que arrincou en decembro de 2021.

O sindicato incidiu en que manterán "unha actitude vixiante" sobre o cumprimento do acordo e estende unha mensaxe de agradecemento á poboación da área compostelá "polo seu apoio, paciencia e comprensión" durante os meses de mobilización.

Neste sentido, Comisións remarca que "o único que moveu" aos traballadores foi a intención de prestar á cidadanía "un servizo de calidade, porque é o seu dereito". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE