Os hospitais galegos contan con 149 ingresados menos pola Covid-19 no que vai de agosto

O descenso da presión hospitalaria foi constante desde que comezou o oitavo mes do ano. No que vai de agosto non se detectaron repuntes e rebaixáronse en 149 os enfermos de Covid en planta. Hai que remontarse ao 23 de xullo para ver un repunte de camas ocupadas. Só nas últimas 24 horas son unha ducia de camas ocupadas menos; 40 menos no últimos tres días. Estes datos son un reflexo da melloría sostida de Galicia, a pesar de que hoxe gaña casos activos por primeira vez en seis días. 


|

O descenso da presión hospitalaria foi constante desde que comezou o oitavo mes do ano. No que vai de agosto non se detectaron repuntes e rebaixáronse en 149 os enfermos de Covid en planta. Hai que remontarse ao 23 de xullo para ver un repunte de camas ocupadas.

 

Só nas últimas 24 horas son unha ducia de camas ocupadas menos; 40 menos no últimos tres días. Estes datos son un reflexo da melloría sostida de Galicia, a pesar de que hoxe gaña casos activos por primeira vez en seis días. 

 

A pesar de todo, 38 casos activos máis non representan un sinal de alarma. Os catro falecidos desde a última actualización si son un dato para ter en consideración, xa que manteñen a media mensual de falecidos en cinco ao día. Son catorce decesos notificados nas últimas 72 horas. 

 

 

A incidencia acumulada semanal baixa ata os 29 positivos por 100.000 habitantes, un menos desde onte. Seguimos baixando neste apartado, coa mellor cifra desde mediados de novembro de 2021. A incidencia acumulada a 14 días tamén aguanta á baixa porque é un índice menos proclive aos cambios de rumbo. Cando esta incidencia empece a crecer, será cando esteamos seguros de que a melloría se ha terminado. Hoxe está en 116 casos por cada 100.000 habitantes, oito menos desde onte. 

 

O esborralle percíbese sensiblemente na razón de taxas, xa que pasa do 0,98 do sábado ao 0,66 de hoxe. A pesar de todo, empeora un 0,02 desde onte.Na última semana houbo un 34% de positivos menos que na penúltima. A melloría está a ser sostida no tempo. 

 

Con todo, hoxe hai un par de índices que poden estar a apuntar a un repunte da enfermidade. O primeiro de todos é a taxa de positividade, que escala ata case o 21%, a máis alta do últimos catro días. É similar á positividade media, que con todo hoxe baixa, ata case descender por baixo do 20%.

 

Ao tempo, nas últimas horas computáronse 190 contagios. Estes novos positivos son a cifra máis alta do últimos seis días, e aínda que estamos afastados dos algarismos de principios de mes, o repunte contribuíu de forma decisiva a que hoxe suban os casos activos. Non son uns números que indiquen unha transmisión preocupante, pero si máis alta que a que viña rexistrando nos últimos días. 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados sobe hoxe un 1,7%. É pouco máis dun terzo do descenso total de onte. 

 

A media semanal segue caendo, e co repunte de hoxe o empeoramento é máis pronunciado que o dos últimos días, ata quedar nun ritmo de baixada do -4,49%, un -0,3% peor que onte. É un ritmo pronunciado e que está a aguantar no tempo, que é o realmente relevante, aínda que coa tendencia actual, a mediados de mes poderiamos entrar nunha nova fase.

 

 

DATOS POR ÁREAS

Se onte celebrabamos que a área da Coruña baixara dos 500 casos activos, hoxe a situación deu un xiro, ao repuntar ata os 526 casos. A herculina non é a única que empeora, xa que fan o propio Lugo e Pontevedra, con doce máis cada unha, e Santiago de Compostela, con catorce máis.

 

Mentres, os descensos en Vigo e Pontevedra son mínimos, con dous e un caso menos respectivamente. Si resulta relevante en Ferrol, que perde unha quincena de casos en 24 horas. 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • Aos poucos, Galicia parece perder fol na súa melloría acelerada. A melloría segue dándose en moitos indicadores, e o repunte de hoxe, aínda que non mellora o escenario, non representa un cambio significativo. 
  • Con todo, aínda non entramos nun novo escenario de rebrote ou planicie. Tampouco parece que nos atopemos preto. En todo caso, haberá que ver a evolución dos próximos días. 
  • Os hospitais si seguen ofrecendo datos moi bos. Hai 213 hospitalizados nas áreas destinadas á atención dos enfermos de Covid-19. Segue sendo unha cifra alta, pero os centros contan con suficiente marxe como para absorber a estes pacientes.
  • Por experiencias anteriores, é recomendable seguir extremando as precaucións mentres non se administra a cuarta dose aos grupos máis vulnerables. 

 

 

  • De producirse unha nova onda, oxalá non sexa tan masiva como a anterior. Hai que ter en conta as elevadísimas cifras de mortes que deixou a de xuño. As cifras de decesos que estamos a ver estes días son produto daqueles contagios. Con catro mortes máis, son 3.859 decesos, segundo as cifras oficiais da Xunta, desde o estalido da crise sanitaria. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE