Consternación en Tui ao atopar a unha veciña de San Simón morta no interior da súa piscina
Os feitos ocorreron ao redor das 13:30 horas no lugar de San Simón, en Ribadelouro, pertencente a Tui.
Unha muller foi achada falecida na tarde deste venres nunha piscina particular no lugar de San Simón, en Ribadelouro , no municipio pontevedrés de Tui.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un familiar a que sobre as 13,30 alertou de que atopara á muller flotando na piscina da vivenda. Ela mesma conseguira retirar á implicada da auga.
No operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil. Os bombeiros do Porriño chegaron a desprazar até o punto, pero finalmenteno foi necesaria a súa colaboración.
Escribe o teu comentario