Unha fragata rusa fondea en Arousa mentres é custodiada pola Garda Civil

A fragata non pasou desapercibida para os veciños da Illa, xa que pode verse desde terra, e foron varios os que se achegaron nas súas embarcacións para poder vela desde cerca


|

Fotonoticia 20240727180057 1920
Fotonoticia 20240727180057 1920


 

Unha patrulleira da Garda Civil custodia a réplica da fragata rusa '#TS Shtandart' que fondeou o venres no municipio pontevedrés da Illa de Arousa sen permiso.

O veleiro, que desde o 6 de xullo navega baixo bandeira das illas Cook, non pode atracar nos peiraos comunitarios debido ás sancións da Unión Europea aos buques con pavillón ruso.

O buque chegou A Illa despois de que lle negasen a entrada ao porto de Vigo e agora esperan, segundo un comunicado, que Capitanía Marítima lles de permiso para permanecer fondeados até o 5 de agosto, cando cambien a tripulación.

A fragata non pasou desapercibida para os veciños da Illa, xa que pode verse desde terra, e foron varios os que se achegaron nas súas embarcacións para poder vela desde cerca.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE