Falecen dous do catro feridos no atropelo de Vilaboa

O condutor, segundo informa a Garda Civil, deu negativo nas probas de alcoholemia


|

Bar vilaboa accidente 170323
Accidente no bar Vilaboa

Dous das catro persoas que a tarde do vienres resultaban feridas nun atropelo múltiple en Vilaboa, ao saír da vía un coche e irromper na terraza dun bar, morreron tras ser evacuados ao hospital en estado grave.

 

Os dous falecidos son un home de 79 anos, con iniciais L.R.C, e outro de 76 anos, A.D.B., segundo informaron fontes da Garda Civil, que confirman tamén que o condutor do vehículo implicado ha dado negativo na proba de alcoholemia.
 

 

 

Segundo os datos do 112 e o Instituto Armado, o accidente ocorreu sobrre as 17,00 horas deste venres, no punto quilométrico 0 da N-554.

O suceso produciuse cando o condutor do coche implicado perdeu o control do vehículo ao tratar de aparcalo e acabou chocando contra as mesas do bar Chancho, en Santa Cristina de Cobres, deixando a catro persoas feridas.

No entanto, os dous homes de 79 e 67 anos que resultaran máis graves faleceron tras o traslado até os hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e Montecelo de Pontevedra. Os outros dous feridos foron de carácter máis leve.

O 112 deu aviso do ocorrido a Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Soutomaior e aos Bombeiros do Morrazo, así como aos servizos de mantemento da vía. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias 061 mobilizou tres ambulancias, dúas delas de soporte vital avanzado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE