Trump anuncia unha tregua en Ucraína, onde Rusia segue bombardeando a -20ºC
O anuncio do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, chega nun momento crítico pola dureza do inverno na fronte ucraína, sen luz nin auga nalgúns puntos do territorio, que está a minguar as forzas dos exhaustos combatentes. Unha tregua de sete días pode supor un punto de inflexión na contenda, aínda que Rusia de momento se resiste a respectalo.
"El (Vladimir Putin) aceptou facelo", garantiu Trump tras, presuntamente, conversar co seu homólogo ruso sobre un eventual cesamento do fogo.
Volodímir Zelenski, en cambio, non mostrou tanto entusiasmo e prefire esperar: "A situación nos próximos días mostrará como están as cousas realmente".
Escribe o teu comentario