Europa traballa nunha lexislación para protexer aos menores de idade fronte ás redes sociais
Despois de que Australia se convertese no primeiro país en lexislar para pór coto á presenza dos menores de 16 anos nas redes sociais, agora é o Vello Continente o que estuda os mecanismos para protexer aos máis novos dos perigos aos que se enfrontan cando postean ou interactuan desde o seu teléfono móbil.
Ciberacoso, manipulación coa IA como ferramenta, deordenes da saúde mental... As consecuencias ante o uso e o abuso das redes sociais son cada vez máis frecuentes e a idades máis temperás.
A Unión Europea aposta por un mecanismo menos estrito que o de Australia: busca crear un "escudo dixital" baseado na armonización lexislativa, a seguridade por deseño e o reforzo da Lei de Servizos Dixitais (DSA).
Escribe o teu comentario